Carol Shaw
Shaw naceu en 1955 en Palo Alto, California. De nena, nunca lle gustou xogar con bonecas; a súa afición era aprender sobre modelaxe ferroviario cun xogo de seu irmán, afición que a acompañaría ata a Universidade. Utilizou por primeria vez un ordenador no instituto, onde descubriu que podía xogar xogos baseados en texto. Máis tarde graduouse en Enxeñería Eléctrica e Ciencias Computacionais na Universidade de Berkeley.
A súa carreira profesional comezou cando foi contratada pola empresa Atari para traballar en videoxogos para a súa consola. A pesar de que o seu primeiro proxecto foi Polo, unha promoción para Ralph Lauren, a súa primeira publicación foi o famoso 3-D Tic-Tac-Toe. Tamén tomou parte de proxectos como Video Checkers, Super Breakout ou Othello. A parte de con conoslas, tamén traballou con ordenadores, nunha numerosa cantidade de proxectos para a familia Atari 8-bit de ordenadores de sobremesa. Así, escribiu o Manual de Atari BASIC, que era un intérprete de linguaxe de programación, ademais de desarrollar unha aplicación programable de cálculo, que foi publicada en disquete.
Fóra da propia empresa de Atari, fixo varias publicacións para consola baixo Activision, tales como River Raid ou Happy Trails. O primeiro foi un especial éxito, o que propiciou o seu retiro prematuro.
Por todo isto, é en moitas ocasións considerada tanto a mellor programadora de 6502 como unha das mellores da historia, feito que lle serviu para, en 2017, recibir o premio de "Icono da Industria" nos The Game Awards, unha das premiacións máis importantes do sector.
Comentarios
Publicar un comentario