Adele Goldberg

Adele Goldberg
Adele Goldberg é unha informática estadounidense que inicialmente se graduara en Matemáticas na Universidade de Michigan. Mentras tiña un traballo de verán no IBM nos seus anos de estudante, aprendeu a programar máquinas de discos unitarios nos seus descansos. O ano no que sacou o Máster e o Doutorado en Ciencias da Información, comezou a traballar no Xerox PARC, un centro de investifación de Palo Alto. Alí, traballando con compañeiros coma Alan Kay, desenvolveu unha linguaxe de programación chamada SmallTalk-80.

Esta linguaxe utilizouse para crear as primeiras interfaces básicas modernas, con ventás, iconas, menús e punteiros. Algo que, a día de hoxe, se toma como normal e básico, foi toda unha revolución na súa época. 

Unha das anécdotas máis curiosas é que Adele se negou a darlle a Steve Jobs unha demostración sobre Smalltalk en 1979, xa que sospeitaba que a súa compañía, Apple, se ía apropiar da súa tecnoloxía. Sin embargo, a directiva de Xerox desoíron a súa vontade. Só fai falta ver onde chegou!

Adele converteuse na presaidenta da Asociación de Mecánica Computacional (ACM) en 1984, posto que deixaría en 1986. En 1987, xunto cos seus compañeiros, gañou o premio ACM Software Systems. En 1990 recibiu o PC Magazine's Lifetime Achievement Award e en 2010 foi incluída no Hall da Fama Internacional de Mulleres na Tecnoloxía.

Sen dubidalo, o seu legado séntese, sen que ninguén se decate, cada vez que se abra unha pestaña ou se señale e se faga un click en calquera ordenador. 

Comentarios

Publicacións populares