Radia Perlman
Radia Joy Perlman é unha creadora de software e inxeñeira de redes, experta en seguridade e máis coñecida como a "Nai da Internet", a pesar de que non lle gusta que a chamen con ese alcume.
Estudando un pregrado no MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts), unha das universidades máis prestixiosas a nivel mundial, aprendeu a programar para unha clase de física. Comezou a traballar como programadora a tempo parcial no proio Laboratorio de Intelixencia Artificial da Universidade, desenvolvendo software de sistemas de programación. Alí, conseguiu desenvolver unha versión para nenos de linguaxe de programación robótica, coa que se conseguiu que unha serie de nenos pequenos, sendo o menor de tres anos e medio, conseguiran programar un robot educativo.
Para realizar a súa tese, involucrouse por primeira vez no deseño de protocolos rede, tratando sobre o enrutamento, e esta acabouse convertendo na base da maior parte do traballo neste campo.
Cando estudaba, era unha das case cincuenta mulleres nunha clase duns mil estudantes, e acabou confesando que estaba tan acostumada a todo o desequilibrio de xénero que sufriu por ese motivo que se volveu normal.
No canto da súa carreira laboral, é famosa por ser a creadora do protocolo Spanning Tree, fundamental para permitir a redundancia de rutas nas redes de área local. É autora dun libro sobre redes (Interconnections: Bridges, Routers, Switches, and Internetworking Protocols) e outro sobre a súa seguridade. Ten máis de cen patentes emitidas, e impartiu cursos nas Universidades de Washington, de Harvard e no propio MIT.
O Spanning Tree Protocol tiña como función ubicar bucles nunha rede de área local, isto é, detectar que varias rutas levaran ao mesmo destino para evitar posibles colapsos. Co protocolo, creou un algoritmo que permitía determinar a ruta máis corta para chegar a ese destino, desactivando outras que resultaran redundantes. A pesar de que tardaban un curto período de tempo en reaccionar cando se modificaba a topografía da rede, este foi estandarizado.
Grazas aos seus logros de toda unha vida, foi galardoada cos premios USENIX e SIGCOMM, dous dos máis prestixiosos. Converténdose, así, nunha das inxeñeiras de redes máis prolíficas e importantes do sector.
Comentarios
Publicar un comentario