Karen Spärck Jones
Karen Spärck Jones foi unha científica británica especializada na lingüística computacional e pioneira na recuperación de información. Filla dun químico e dunha exiliada norueguesa na segunda guerra munidal, estudou a carreira de Historia na universidade. Ao rematala, comezou a traballar como mestra, pero pouco despois pasouse á informática, impulsando notablemente o feito de que moitas mulleres entraran nesa disciplina. A súa carreira de investigación iniciouse en 1950 cando desenvolveu un tesauro (lista de palabras ou termos empregados para representar conceptos) para a Unidade de Investigación na Linguaxe da Universidade de Cambridge. Posteriormente, doctorouse cunha tese en Sinonimia e clasificación semántica, utilizando técnicas estatísticas e probabilísticas combinadas coa lingüística. Puido seguir investigando en recuperación de información grazas a diferentes becas, ata que fichou polo Laboratorio de Informática da universidade, onde traballou ata a súa xubilación. Karen l...